lunes, 3 de mayo de 2010

BIOGRAFÍA

ROSALÍA: BIOGRAFÍA

1. María Rosalía Rita Castro ( 1837- 1885 ): nace en Santiago, como filla dunha fidalga ( Teresa Castro e Abadía ) e un seminarista ( José Martínez Viojo).


2. Pasa a súa infancia en Padrón, vila que se evoca na súa poesía adulta como paraíso da súa infancia.


3. Marcha a Santiago onde recibirá unha esmerada educación: francés, canto, piano, guitarra, deseño, lectura, escritura…, e entra en contacto coa mocidade galeguista: Aurelio Aguirre, Eduardo Pondal…


4. En 1853 pasa unha tempada en Muxía, invitada pola familia de Pondal. A raíz desa experiencia compoñerá A romaría da Barca, publicado no Álbum de la Caridad (1862).


5. En 1856 marcha a Madrid. Coñece a Manuel Murguía e con el casa en 1858.


6. En 1857 publica o seu primeiro libro de poemas La flor.


7. En 1863 aparece o primeiro libro escrito integramente en galego Cantares Gallegos.


8. Por motivos de traballo e por penurias económicas, o matrimonio Castro-Murguía e os seus sete fillos vense obrigados a cambiar de residencia. Santiago, Madrid, Lugo, Simancas…e a botaren tempadas separados.


9. En 1880 publica Follas Novas, o seu derradeiro libro en galego.


10. En 1885 morre aos 48 anos de idade, nunca situación de extrema pobreza, orturada polo cancro, atacada, marxinada ou abandonada por case toda a intelectualidade da época.









ROSALÍA: FIGURA SUXEITA A VISIÓNS DEFORMADAS E COMPROMISOS SOCIAIS NA SÚA OBRA.


• Tras a súa morte comezou a tecerse a imaxe distorsionada e mitificada que a presenta como unha “santiña, unha chorona, unha coitada non moi culta que escribía porque lle mandaba ou lle ditaba o seu marido Murguía”.


• A realidade fálanos dunah muller culta, con criterios propios e contestataria, posuidora dun rexo carácter e dunha clara vontade de esr escritora.


• Rosalía é precursora e pioneira de correntes de pensamento social e político de plena actualidade: o feminismo, o anti-capitalismo, o nacionalismo progresista…


• A súa trayectoria persoal estivo marcada polos fracasos e marxinacións: os lectores foron escasos, tivo sempre enormes dificultades para publicar non só pola situación de penuria económica, senón tamén pola súa condición de muller.


• Recibe en vida durísimos ataques, ben do estamento eclesiástico, ben doutros intelectuais do seu tempo.

Ex: Emilia Pardo Bazán recoñece os méritos artísticos de Cantares Gallegos pero non os de Follas Novas.

• Non logro vivir do traballo de ser escritora e viviu na máis absoluta das miserias.


• O compromiso de Rosalía como escritora plásmase nos seguintes aspectos:

a) A defensa da cultura e o idioma galegos.

b) A defensa dos valores sociais e morais do pobo galego.

c) A identificación cos problemas, sufrimentos e aspiracións das clases populares galegas, especialmente coas mulleres campesiñas, “viúdas de vivos”

d) A denuncia de inxustizas, insultos e incomprensión e abusos cometidos con Galiza e cos galegos, especialmente co tema da emigración.

e) A reividicación dos dereitos da muller, comezando polo propio dereito a escribir, a ser “ literata”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario