lunes, 3 de mayo de 2010

ESQUEMA OBRA

CANTARES GALLEGOS:

- Publicado o 17 de maio de 1863.
- Primeiro libro publicado integramente en galego
- Inspirouse no LIBRO DE CANTARES de Antonio Trueba (1852)

1. ESTRUTURA: 36 poemas
- Dedicatoria a Fernán Caballero (Cecilia Bohl de Faber) “Vós por ser muller”
“por haberse apartado, en las cortas páginas en que se ocupó de Galicia, de
las vulgares preocupaciones con las que se pretende manchar mi país”

- Prólogo de Rosalía en prosa
- tópico da captatio benevolentiae
a) pide desculpas por non ser unha boa escritora
b) pide desculpas polos posíbeis defectos do seu libro
- triple obxectivo de cantar en galego:
a) reivindicar a validez da nosa lingua
b) denunciar a marxinación que padece Galicia
c) combater a imaxe negativa do noso país

- Prólogo poético: serve de introdución
Has de cantar
meniña gaiteira
has de cantar
que me morro de pena

- Corpo: diferentes voces, tamén a da propia autora

- Poema epílogo: serve de despedida
Cantar cantei
a grasia non era moita

2. TEMÁTICA:
- Folclórica-Etnográfica: Grupo de poemas máis numeroso e refliten a idiosincrasia do pobo galego
a) Costumista: describen as romarías, festas e tradicións. Ex: “Un repoludo gaiteiro”
b) Amorosa: Os personaxes son campesiños. Algúns poemas son monologados e outros dialogados. Ex: “Quíxente tanto meniña”; “Cantan os galos para o día”

- Social ou patriótica: Son poemas que tratan a situación de penuria e marxinación
do pobo galego.
a) Social: o tema da emigración. Ex: “Adiós ríos, adiós fontes”
b) Galeguista: de defensa de Galicia fronte á asoballadora Castela.
Ex: Castellanos de Castilla

- Intimista: nalgúns poemas a autora reflite vivencias e sentimentos persoais
a) Soidade: a soidade e a desgraza son sensacións que se agravarán en Follas novas. Ex. Campanas de Bastavales
b) Saudade: Ex: Como Chove miudiño


ESQUEMA DE FOLLAS NOVAS (1880)
- Obra máis persoal e filosófica que Cantares Gallegos
- Obra máis escéptica e pesimista por ser concibida "en medio de todos os esterros" (a maioría dos poemas foron escritos entre 1868-1870, durante a súa estadía en Simancas -Valladolid)
ESTRUTURA:
- Dedicatoria aos señores da Xunta Directiva e máis individuos que compoñen a sociedade benéfica dos naturales de Galicia na Habana
-Prólogo en castelán de Emilia Castelar
- Prólogo en prosa: "Dúas palabras da autora"
-Corpo: O poemario consta de 137 poemas que a autora distribúe en cinco apartados ou libros.
- I. Vaguedás: Fai ás veces de prólogo poético e consta de 20 poemas. Ex. "¡Follas novas!, risa dáme"
-II. Do Íntimo: Consta de 36 poemas .Ex:"Cando penso que te fuches"
-III. Varia: Consta de 40 poemas"Agora cabelos brancos"
-IV. Da terra: Só se recollen 9 poemas. Ex: "Xan"
-V. As viúdas dos vivos e as viúdas dos mortos: 31 poemas. "Tecín soia a miña tea"
TEMÁTICA:
-Lírica solitaria ou subxectiva: recolle os poemas de Vaguedás e Do Íntimo.
a) Vaguedás:- reflexiona sobre a escrita feminina e sobre os trazos e contidos da súa obra. Ex: "Direivos destes versos, i é a verdade"
- manifesta o seu estado anímico de desasosego, o pesimismo, a saudade, a intranquilidade. Ex:" Ando buscando meles e frescura"
b) Do Íntimo: -exterioriza as súas reflexións metafísicas, filosóficas e intimistas (a insolidariedade humana, o paso do tempo, o amor, o desamor, a inxustiza, a intransixencia da igrexa...). Ex:
-Lírica solidaria ou obxectiva: recolle os poemas de Da terra e As viúdas dos vivos e as viúdas
dos mortos.
a) Da terra: -a autora quere deixar clara a súa identificación co pobo galego, cos seus costumes, coa cultura e o idioma. Tamén hai denuncias sobre a discriminación da muller.
b) As viúdas dos vivos e dos mortos: -céntrase no fenómeno da emigración solidarizándose coas mulleres campesinas galegas condenadas a vivir en soidade.
En Varia aparecen tratados tanto os temas sociais como a miseria e a emigración e temas de carácter máis intimista e subxectiva.

No hay comentarios:

Publicar un comentario