lunes, 3 de mayo de 2010

POEMAS E EXERCICIOS

¡SOIA!
Eran cráro-los días,
risóña-las mañáns,
i era a tristeza súa
negra como a orfandá.

Íñase á amañecida,
tornaba coa serán…;
mais que fora ou viñera
ninguén llo iña a esculcar.

Tomou un día leve
camiño do areal…
como naide a esperaba,
ela non tornou máis.

Ó cabo dos tres días,
botouna fóra o mar,
i alí onde o corvo pousa,
soia enterrada está.

1. Que historia nos conta o poema?
2. Aparecen mencionadas as causas do tráxico comportamento da protagonista?
3. Cal é a reacción da sociedade? Parécelle xusta a Rosalía? E a ti?
4. Reescribe e poema en galego normativo.

NEGRA SOMBRA
Cando penso que te fuches,
negra sombra que me asombras,
ó pé dos meus cabezales
tornas facéndome mofa.

Cando maxino que es ida,
no mesmo sol te me amostras,
i eres a estrela que brila,
i eres o vento que zoa.

Si cantan, es ti que cantas;
si choran, es ti que choras;
i es o marmurio do río,
i es a noite, i es a aurora.

En todo estás e ti es todo
para min i en min mesmo moras,
nin me abandonarás nunca,
sombra que sempre me asombras.

1. A negra sombra é unha metáfora, que cres que significa?
2. Analiza os paralelismos, antíteses e aliteracións do poema.
TECÍN SOIA A MIÑA TEA

Tecín soia a miña tea, Cala rula, os teus arrulos
sembrei soia o meu nabal; ganas de morrer me dan;
soia vou por leña ao monte, cala, grilo, que se cantas
soia a vexo arder no lar. sinto negras soidás.

Nin na fonte nin no prado, O meu homiño perdeuse,
así morra coa carraxe, ninguén sabe en onde vai…
el non ha vir a me erguer, con el as ondas do mar!
el xa non me pousará. ¡Andoriña, voa, voa,
ven e dime en onde está!
¡Que tristeza! O vento zoa,
canta o grilo ó seu compás…
ferve o pote…mais,¡meu caldo,
soíña te hei de cear…!





1. LOCALIZACIÓN. Completa.

Tecín soia a miña tea pertence á parte V, que se titula …………………………..............
Do libro ………………………….. escrito por ……………………………e publicado
No ano …………… O movemento literario que nese momento se estaba a vivir en Galicia recibe o nome de………………………

2. CLASIFICACIÓN.

A autora expresa sentimentos ou estados de ánimo, polo que o xénero literario é a ……………………..

3. PROPÓSITO. Elixe a desposta axeitada:

Rosalía pretende nesta obra:
a) Afondar nos sentimentos: a saudade, o afastamento da terra, doenzas…
b) O amor.
c) A descrición e a narración.
d) Crenzas populares.

4. PUNTO DE VISTA. Indica cal é o punto de vista e por que.
…………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………

5. O TEMA. Cal é a idea central do texto?
…………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………


6. ESTRUTURA.

• EXTERNA: O poema está composto por ………… estrofas, as ……… primeiras de ……… versos cada unha e a ……… de ……Os versos son de ………sílabas.

• INTERNA: En cantos bloques temáticos podes dividir o poema?
……………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………...

7. ELEMENTOS NARRATIVOS.

• Espazo: Os acontecementos desenvólvense ……………………………………
…………………………………………………………………………………..
…………………………………………………………………………………..
• Personaxes:…………………………………………………………………………………………………………………………………………………………..
……………………………………………………………………………………
• Tempo. Orde: …………………………Duración:………………………………
……………………………………………………………………………………
• Argumento:…………………………………………………………………………………………………………………………………………………………… ………………………………................................................................................
……………………………………………………………………………………

8. NÍVEL

-Morfosintáctico: Cantos verbos hai? ………… Agrupa as formas verbais segundo o tempo …………………………………………………………………………………….. …………………………………………………………………………………………….Como interpretas a utilización destes verbos?......................................................................
……………………………………………………………………………………………..
……………………………………………………………………………………………..

-Léxico: Busca palabras que non estean de acordo coa normativa e escríbeas correctamente. …………………………………………………………………………….
…………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………..

A cal destes campos semánticos pertencerán os substantivos que aparecen no poema? Escribe tres palabras máis de cada un deles.
Urbano- mariño- rural. …………………………………………………………………….
…………Castellanos de Castilla, ¡Castellanos de Castilla,
tratade ben aos gallegos; tendes corazón de aceiro,
cando van, van como rosas, alma como as penas dura,
cando vén, vén como negros. e sin entrañas o peito!

- Cando foi, iba sorrindo En trós de palla sentados,
cando veu viña morrendo, sin fundamentos, soberbos,
a luciña dos meus ollos, pensás que os nosos filliños
o amantiño do meu peito. para servirvos naceron.

Aquel máis que neve branco, E nunca tan torpe idea,
aquel de dosuras cheio, tan criminal pensamento
aquel por quen eu vivía coupo en máis fatuas cabezas
e sin quen vivir non quero. nin en máis fatuos sentimentos.

Foi a Castilla por pan, Que Castilla e castellanos,
e saramagos lle deron: todos nun montón a eito,
déronlle fel por bebida, non valen o que unah herbiña
peniñas por alimento. destes nosos campos frescos.

Déronlle, en fin, canto amargo Solo ponzoñosas charcas
ten a vida no seu seo… detidas no ardente suelo,
¡Castellanos, castellanos, tes, Castilla, que humedezan
tendes corazón de ferro! esos teus labios sedentos.

¡Ai! no meu corazonciño Que o mar deixoute olvidada
xa non pode haber contento, e lonxe de ti correron
que está de dolor ferido as brandas augas que traen
que está de loito cuberto. de prantas cen semilleiros.

Morreu aquel que eu quería, Nin arbres que che den sombra,
e para min n’hai consuelo; nin sombra que preste alento…
sólo hai para min, Castilla, Llanura e sempre llanura,
a mala lei que che teño. deserto e sempre deserto…

Premita Dios, castellanos, Esto che tocou, coitada,
castellanos que aborreso, por herencia no universo:
que antes os gallegos morran ¡miserable, fanfarrona…!
que ir a pedirvos sustento. triste herensia foi por certo.

Pois tan mal corazón tendes, En verdad non hai, Castilla,
secos fillos do deserto, nada como ti tan feio,
que si amargo pan vos ganan, que aínda mellor que Castilla
dádesllo envolto en veneno. valera decir inferno.

Aló van, malpocadiños, ¿Por que aló foches, meu ben?
todos de esperanza cheios, ¡Nunca tal houberas feito!
e volven, ¡ai!, sin ventura, Trocar campiños frolidos
con un caudal de desprezos. por tristes campos sin rego!

Van probes e tornan probes, ¡Trocar tan craras fontiñas
van sans e tornan enfermos, ríos tan murmuradeiros
que anque eles son como rosas, por seco polvo que nunca
tratádelos como negros. mollan as bágaos do ceo!
Mais, ¡ai!, de onde a min te foches Mais en tanto non me mata
sin dor do meu sentimento, castellanos que aborrezo,
i aló a vida che quitaron, hei, para vergonza vosa,
aló a mortiña che deron heivos de cantar xemendo:

Morreches, meu quiridiño, ¡Castellanos de Castilla,
e para min n’hai consuelo, tratade ben aos gallegos;
que onde antes te vía, agora cando van, van como rosas;
xa sólo unha tumba vexo cando vén, vén como negros.

Triste como a mesma noite,
farto de dolor o peito,
pídolle a Dios que me mate,
porque xa vivir non quero.


Rosalía de Castro
Cantares Gallegos


Exercicios:

1. Analiza a métrica e a rima do poema.

2. A quen corresponde a voz poética que escoltamos? Que problema vén de padecer?

3. Que sentimentos manifesta a voz poética? Parécenche xustificados?

4. O texto articúlase a base de contrastes. Localízaos e interprétaos.

5. Un dos obxectivos de Cantares, segundo a propia Rosalía, foi cantar as belezas de Galicia. Faise neste texto?

6. Compara en canto o tema, a estrutura que ten este poema con Adiós ríos, adiós fontes. Encontras algunha semellanza?
POEMA “ADIÓS RÍOS, ADIÓS FONTES”

-Le o poema e despois fai os exercicios indicados:

a)Substitúe as palabras subliñadas por nomes, e as palabras en negrita por verbos crea un poema novo. Cando acabedes, inventa catro versos máis para o final.

b) Completa o poema coas estrofas que lle faltan.



Adiós ríos, adiós fontes

Adiós ríos; adiós fontes Adiós ríos, adiós ______________
adiós, regatos pequenos ____________________________
adiós, vista dos meus ollos ____________________________
non sei cando nos veremos. ____________________________


Miña terra, miña terra ____________________________
terra onde me eu criei ____________________________
hortiña que quero tanto ____________________________
figueiriñas que prantei. ____________________________


prados, ríos, arboledas, ____________________________
pinares que move o vento, ____________________________
paxariños piadores, ____________________________
casiña do meu contento. ____________________________


muíño dos castañares, ____________________________
noites craras do luar, ____________________________
campaíñas timbradoras ____________________________
da igrexiña do lugar. ____________________________


amoriñas das silveiras ____________________________
que eu lle daba meu amor ____________________________
camiñiños entre o millo ____________________________
¡adiós, para sempre, adiós! ____________________________


____________________________
____________________________
____________________________
____________________________
Rosalía de Castro
Cantares Gallegos



………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………..

No hay comentarios:

Publicar un comentario